 
 
A Cruz Vermella reitera que a poboación palestina está a vivir unha “crise humanitaria maiúscula”.
 
											Os nenos están a ser as principais vítimas do conflito
O goberno israelí aceptou este mércores abrir un corredor para que poida chegar a axuda humanitaria internacional até a Franxa de Gaza. O executivo dá este paso logo das numerosas peticións da ONU e das ONGs que denuncian a dramática situación da poboación civil palestina. Os militares deterán tres horas os combates para que poidan pasar os camións coa axuda.
O Comité Internacional da Cruz Vermella a través do seu director de operacións, Pierre  Krähenbühl, asegura que “estamos diante dunha crise humanitaria maiúscula, de grandes proporcións, o sufrimento para a poboación resulta insostíbel”.
Porén, milleiros de solidados israelís proseguen a súa ofensiva na Franxa. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto