 
 
Xesús Otero asegura que o furto de carne da matanza nas aldeas ten que ver con que “está menos vixiada”.
O subdelegado do goberno español en Lugo, Xesús Otero, saíu a palestra este mércores para valorar a “proliferación” de roubos de pezas da matanza do porco. Preguntado polos xornalistas, Otero non dubidou en buscarlle unha explicación lóxica ao furto porcino: O despoboamento do rural. Para o máximo responsábel das forzas da orde na provincia cada vez hai máis roubos nas matanzas porque “cada vez no medio rural vive menos xente”
 
Otero descartou a existencia de grupos organizados que se dediquen a comercializar a carne de cocho sustraída. Para tranquilizar os xornalistas, o subdelegado explicou que  “non é que este ano sexa especialmente distinto. Isto sucede dende que a carne está menos vixiada”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto