 
No 1841, Irlanda contaba cunha poboación de mais de oito millóns de habitante. Dez anos mais tarde, o censo de poboación contaba con tan só seis millóns e medio.
Tras unha longa campaña para o estabelecemento dun día nacional que lembre as víctimas da Grande Fame irlandesa, Irlanda e Canadá lembrarán oficialmente este ano por primeira vez, e cada 17 de Maio, a Grande Fame, segundo anunciou o ministro de asuntos da comunidade e do idioma Eamon O Cuiv.
  No 1841, Irlanda contaba cunha poboación de máis de oito millóns de habitante. Dez anos máis tarde, o censo de poboación contaba con tan só seis millóns e medio. Mais dun millón e medio de persoas perderon a vida ou emigraron a ultramar neses dez anos, nos que o fracaso de sucesivas prantacións de pataca (principal sustento da poboación daquela) combinado co ríxido sistema de posesión da terra provocaron unha grave crise alimentaria, a chamada Grande Fame. 
  "Non hai nada na historia do pobo irlandés que se poida comparar a Grande Fame, xa sexa polo seu impacto inmediato, ou o seu legado de emigración, perda cultural e declive do idioma irlandés", segundo o ministro O Cuiv (neto do que for a presidente do estado Eamon de Valera). 
  O Cuiv anunciou que este ano, por primeira vez, se conmemorará de maneira official este fito dramático na historia do país, con actos en Irlanda e Canadá (a onde moitos irlandeses emigraron nos anos 1840 nos chamados ‘barcos ataúde’ nos que o índice de mortalidade podía chegar até o 30%). Skibbereen, no condado de Cork, é o lugar escollido para as celebracións deste ano (que cambiarán de localidade cada ano), por ser unha das zonas do país mais afectadas. 
  Arredor de 250 mil irlandeses chegaron a Canadá en ‘barcos ataúde’ entre 1845 e 1855. Hoxe, catro millóns de candadenses din ter orixe irlandés (12,5% do total).
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto