 
Pontevedra e Lugo suman triunfos na 2ªB onde perderon Rácing, Celta e Santiago.
Pouco mérito fixo o Real Madrid para salvar os tres puntos no seu estadio fronte a un combativo Deportivo da Coruña que non foi quen de furar a porta do Bernabeu. Os madridistas colleitaron un triunfo pola mínima diante dun conxunto herculino que fixo esforzo para virar a racha negativa de derrotas que leva acumulando nos últimos encontros.   
  
  Máis optimistas aparecen as cousas en Vigo, onde o Celta aspira con forza ao ascenso, estando apenas a un par de puntos do terceiro na táboa da Segunda División. Os vigueses desperdiciaron esta fin de semana a oportunidade de chimpar ao máis alto no encontro que os enfrontaba ao líder actual da categoría, o Xerez, pero manteñen todas as aspiracións e unha boa inercia de xogo.
Todos os resultados e clasificacións na web oficial da Liga.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto