 
Os alumnos que prepararon o curso o ano pasado no Centro superaron a proba da Xunta.
Entre setembro e novembro do pasado ano impartiuse por primeira vez os cursos Celga 1 e Celga 2 no Centro Galego de Barcelona (CGB) en colaboración coa Xunta de Galicia e seguindo a nova normativa que rexe a formación en lingua galega tanto en Galiza coma nas comunidades do exterior. 
  
  O alumnado que preparou no CGB o Celga 2 e se presentou ó exame oficial da Xunta superou a proba e en breve recibirán o certificado que así o acredita, o cal demostra a rigorosidade con que se imparten destes cursos neste Centro. 
  
  O nivel de coñecementos que se esixe para a superación do Celga 2 é o adecuado para que o poidan realizar moitos galegos e non galegos que viven en Barcelona e que queren ter un dominio desta lingua suficiente para comunicarse ou redactar un texto correctamente. 
  
  E así o demostra o feito de que inda que se ofertan outros cursos de distintos niveis nalgunhas das universidades desta cidade, o Celga 2 é o máis demandado. 
  
  Por outra parte, os interesados que superen os exames oficiais que a Xunta de Galiza realiza en Barcelona en maio e novembro recibirán un certificado de ter superado este nivel.   
  O Centro Galego de Barcelona está traballando para ser un referente da lingua e cultura galegas en Barcelona e mesmo en Catalunya e con esta finalidade oferta de novo este curso para todos aqueles que queiran adquirir coñecementos lingüíticos e culturais de Galiza. 
  
  Os datos máis salientables sobre o Celga 2 que se impartirá no CGB son: 
  
  Prazo de inscrición: desde o 27 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2009, enviando un correo a este enderezo do CGB ou chamando por teléfono ó 933012892 a partir das 17 h. 
  
  Calendario: do 15 de febreiro ó 30 de xuño de 2009. 
  
  Horario: luns e mércores de 19h a 21h. 
  
  Lugar: Aula de formación do Centro Galego de Barcelona, Rambla de Caputxins, 35. 
  
  Programa do curso: pódese consultar nesta web da Xunta de Galicia. 
  
  Prezo: gratuíto. 
  
  Exames oficiais (Vid. Diario Oficial de Galicia núm. 10 de 15 de xaneiro de 2009): 
  
  Maio: o exame será o 24. Prazo para inscribirse: ata o 25 de marzo. 
  Novembro: o exame será o 22 de novembro. Prazo para inscribirse: ata o 12 de outubro. 
  
  Taxas de exame: 15,61 € 
  
  Ademais do programa do curso publicado pola Xunta de Galiza, o CGB organiza outras actividades complementarias como charlas, visitas a museos, rutas urbanas ou camiñadas co fin de potenciar a oralidade e practicar este idioma fóra da aula. 
  
  Para calquera dúbida ou consulta, cómpre poñerse en contacto telefónico co CGB ou por correo electrónico.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto