M.S.P. - 12:30 16/02/2009 				
				
					Afixémonos xa a ver ao candidato subir ao estrado do mitin acompañado dunha canción, unha sintonía identificativa do seu partido, a mesma que percorre as rúas en coches e altofalantes, e que completa os spots electorais. Cada partido ten a súa, con letra, sen ela, canción orixinal ou versión, algunha empregada dende hai anos e outras creadas para a ocasión. Hai uns días o PSdeG-PSOE presentaba a súa canción para a campaña do 1 de marzo, unha versión do Quen poidera namorala de Luís Emilio Batallán encargada a Xoel López (ex Deluxe). E velaquí a temos:
 Xoel López: 
Quen poidera namorala (L.E. Batallán)
A canción complemetarase coas habituais sintonías dos socialistas, é dicir a xa tradicional Aria da Rosa, que conta con múltiples versións, descargábeis na súa páxina web, entre elas unha 
'galega', con gaitas, ademais de outras orquestais, rock, ou jazz. Así é todo, Xoel ten que compartir protagonismo con Supergrass e o seu Alright, unha "música alegre", como a definiu o propio Touriño no mitin de apertura de campaña. O 
We are young, we run green co que se abre o tema acompaña a entrada dos líderes socialistas nos seus mítins: 
Pola súa banda, o 
BNG repite a melodía que acompañou as súas últimas campañas, a das eleccións municipais de 2007 e as das xerais de 2008. É o 
Xente, que Berrogüetto publicou no seu álbum 10.0:
O 
Partido Popular encargoulles a Los Limones unha canción orixinal para esta campaña. Chámase 
Chegou o momento, igual que un dos lemas empregados por Núñez Feijoo. O grupo ferrolán xa compuxo e cantou o tema musical (
Amar Ferrol) co que Juan Juncal tentou recuncar á fronte da alcaldía de Ferrol nas municipais de 2007.
Los Limones: 
Chegou o momentoPor suposto, os temas elixidos sofren despois transformacións, variacións, versións para adaptarse aos distintos momentos de cada campaña. É así que o
 Himno do PP, a xa coñecida canción dos populares, utilizada polo partido conservador dende hai anos, está 
dispoñíbel en oito versións: festa, xenérica, sinfónica, techno e... bakalao.
 Himno do PP (versión Bakalao)
 Pero non só os tres grandes partidos de Galiza teñen a súa sintonía oficial. Tamén 
Esquerda Unida, por exemplo, conta cun tema que identifica aos seus candidatos, e co que se abren os seus actos electorais. É o 'Cuarto Estado', unha peza composta por Ennio Morricone para banda sonora de 
Novecento:
 Ennio Morricone: 
Il quarto stato (B.S.O. de 
Novecento)
Terra Galega preséntase por vez primeira ás autonómicas e para a ocasión encargou unha canción, un
 Himno de Terra Galega, a un músico de Arteixo. Soa así:
Finalmente, a 
Frente Popular Galega utilizará nos seus actos o tema Cetvorno, dos Ulträqäns, cos que chegaron a un acordo para que a súa música se convertise na banda sonora da formación independentista: