 
 
Miguel Reimúndez renunciou ao seu cargo municipal e á súa militancia na formación porque non comparte, entre outras cousas, a posición de EU en política lingüística.
 
											Miguel Reimúndez, á dereita
O edil de Esquerda Unida (EU) en Ferrol, Miguel Reimúndez, presentou a súa carta de dimisión esta cuarta feira á noite, informou a Radio Galega. O Consello Local manterá unha xuntanza esta quinta a partir das 20.00 horas para dar conta da nova situación, segundo confirmaron a Vieiros fontes do mesmo.
 
  Reimúndez, que renuncia ao seu cargo como edil do concello e mais á súa militancia en EU, foi concelleiro de Obras durante o goberno de coalición co PSdeG. O motivo principal da súa decisión, afirmou, son as discrepancias que mantén coa dirección en determinadas cuestións de relevancia. En concreto, salientou  a posición que EU adoptou en política lingüística. 
  
A postura de Esquerda Unida, que defende un modelo de "plurilingüismo nacional" -é dicir, ademais da aprendizaxe de galego, castelán e inglés ou francés, tamén a de portugués, catalán e éuscaro-, choca coa de Miguel Reimúndez, que publicamente deu o seu apoio a unha asociación contraria á normalización da nosa lingua.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto