 
O históricos filme, filmado en 1978 por Llorenç Soler, recolle as loitas do campesiñado galego para recuperar os seus montes comunais.
En 1976 chegou a Galiza o cineasta catalán Llorenç Soler, da man do arquitecto César Portela. Coa súa cámara de 16 mm e con experiencia en múltiples películas de cine alternativo en Cataluña,  Lorenzo Soler abordará  determinados aspectos da  realidade galega, cun punto de vista absolutamente persoal, con técnicas de cine directo,  e seguindo as tendencias do documentalismo contemporáneo. Algún dos seus filmes serán sufragados polas propias coordinadoras de afectados, singular e irrepetible sistema de financiamento.
Realizou  6 curtametraxes en 16 milímetros ao longo de tres anos:  En 1976 retratou a vida dunha comunidade de xitanos en Gitanos sin romancero, a arquitectura compostelán en Seminario de Arquitectura  en Compostela;  ao ano seguinte, enxergouse no conflicto da construcción da Autopista do Atlántico en Autopista unha navallada a nosa terra e tivo ademais tempo para unha curtametraxe experimental, Antisalmo. No ano  1978  afrontou o problema do alcoholismo en Galicia en Condenados a beber e a loita pola recuperación dos montes comunais en O monte é noso. 
O monte é noso recolle as loitas do campesiñado galego pola recuperación da propiedade dos montes comunais que lle foron usurpados a a partir de 1939. A través dunha serie de entrevistas maniféstanse varios puntos de vista ante a actuación dos poderes públicos que administran as propiedades comunais. Producido pola Coordenadora de Montes comunais.
Pódese ver xa en Flocos.TV
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto