 
O Centro Galego de Barcelona segue abríndose e volve co ciclo de Jazz e mais unha noite de tangos, canda unha mostra de pintura dos socios e unha mesa redonda sobre as revistas galegas en Catalunya.
Puntual o segundo sábado que cada mes, o Centro Galego volve co seu Ciclo de Jazz presentando o grupo "Audio Mental Sprain" na Sala Ferrío. Neste mesmo espazo pódese contemplar a exposición de debuxos e pinturas do grupo de prexubilados e prexubiladas da entidade, os "PeJotas ART".
O seguinte sábado pola noite e no marco do ciclo "Historias no Raval", actuará o grupo Tango Maxistral cun show festivo que terá este estilo musical e de danza rioplatense de fondo. A festa ameaza continuar até as dúas da mañá. 
  
  Alén doutros actividades, tamén se anuncia una mesa redonda para o venres 27, na que estarán presentes as principais revistas galegas editadas en Catalunya: "Alborada", do CGB; "reNOVA Galiza", do Foro Cívico Galego de Barcelona); e "Lúa Nova", da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà. 
  
  --
  Exposición Bodegón: debuxos e pinturas do grupo «PeJotas ART», obradoiro de debuxo e pintura dos prexubilados e prexubiladas do CGB. 
  
  Até o 31 de marzo 
  -- 
  Sábado 14, 19 h 
  Actuación no I Ciclo de Jazz no CGB: Audio Mental Sprain (Funk / Electrónica en directo / Rock) 
  
  Tony Mena – Guitar & noises 
  Arecio Smith – Synths, Hammond, Samplers, Keys 
  Didak Fernández – Drums 
  
  Entrada: 3 euros. Socias e socios: 2 euros 
  -- 
  Sábado 21, 21:30 h   
  Historias no Raval: Tango Maxistral 
  
  Cinco figuras do tango internacional en Barcelona. 
  Despois do show bailaremos tangos ata as 2:00h. 
  
  Entrada: 10 euros 
  Desconto para socias e socios 
  -- 
  Venres 27, 20 h 
  Mesa redonda: Revistas galegas de Catalunya: Propostas para unha reflexión de presente e futuro.
  Coa presenza dos Directores das revistas "Alborada" (Centro Galego de Barcelona), "reNOVA Galiza" (Foro Cívico Galego de Barcelona) e "Lúa Nova" (Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà). 
  
  Todos os actos serán na Sala Ferrío 
  
  Centro Galego de Barcelona 
  Rambla de Caputxins, 35
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto