 
A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación di que a xestión forestal sostíbel crearía 10 millóns de empregos no mundo.
Na semana que entra celébrase a Semana Forestal Mundial, unha iniciativa das Nacións Unidas que acollerá en Roma os seus actos principais, coa xuntanza do Comité Forestal da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). Aproveitando estas datas, Jan Heino,  director xeral do ramo nesta organización internacional, destacou recentemente o potencial da xestión forestal sostíbel desde un punto de vista económico.   
  
  De xeito concreto, a reunión da FAO ten entre os seus obxectivos fundamentais a análise e intercambio de ideas acerca da xestión sustentábel dos bosques do planeta. Jan Heino achegou un dato específico: 10 millóns de empregos "verdes" poderían ser creados en todo o mundo en pouco tempo co impulso de novas prácticas e servizos sustentábeis en todo o relacionado coa xestión forestal. O representante da FAO salienta a importancia de aproveitar o contexto de crise non só para axudar a combater o desemprego con iniciativas novidosas senón para contribuír a reducir taxas de pobreza e mellorar o medio ambiente.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto