 
 
A Conferencia Episcopal Española distribuirá oito millóns de dípticos, 30 mil carteis e 1.300 valados publicitarios até o 30 de marzo.
 
											Cartel da campaña da institución católica
A Conferencia Episcopal Española (CEE) presentou este luns unha nova campaña publicitaria que levará como lema "Protexe a miña vida". O anuncio pretende amosar o rexeitamento da institución católica pola reforma da Lei do Aborto e contrasta un naipelo cun lince, sobre o que aparece a mensaxe de "protexido". Enriba do neno lese a mensaxe "e eu?", mentres que a parte superior do cartel amosa imaxes de diferentes fases de formación dun embrión.
Segundo o voceiro da CEE, Juan Antonio Martínez Camino, a vida humana "non debe ser menos protexida" ca a flora ou a fauna, e considera que a lei que se está a tramitar "non protexe o dereito á vida" e "é inxusta". No entanto, puntualizou que ve "ben" que se protexa os animais en perigo de extinción.
A igrexa católica española celebrará, ademais, o 25 de marzo, a Xornada pola Vida, na que avogará polo "apoio integral á muller para que poida dar a luz o seu fillo".
A campaña publicitaria estenderase do 16 ao 30 de marzo. Constará de 1.300 valados publicitarios en 37 cidades. Ademais, distribuirá 30 mil carteis en parroquias e centros católicos, ademais de oito millóns de dípticos informativos.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto