 
A Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías Informática convoca unha masiva manifestación.
A Plataforma Galega para a Defensa das Enxeñarías Informáticas (PGDEI) convocou para este martes unha serie de accións reivindicativas na Coruña para que se regulen profesionalmente as súas titulacións.
A plataforma obtivo o apoio o pasado venres de representantes dos colectivos profesionais e do profesorado e alumnado das enxeñarías en informática do país, co obxectivo de tomar medidas conxuntas de protesta para acadar a equiparación desas titulacións coas demais enxeñarías.
A manifestación convocada para este martes 17 tiña previsto saír ao mediodía da Facultade de Informática e rematar ás 14 horas perante a Delegación do goberno español. Ás catro da tarde terá lugar unha asemblea aberta para presentar a plataforma, no salón de actos da facultade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto