 
O traballo pretende evitar que desaparezan os nomes relacionados coa orografía, a fauna, a flora e a horticultura do Parque.
A Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa de Presidencia traballa dende o pasado mes de outubro na recuperación da toponimia do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Até o momento identificáronse 2.322 nomes de uso común en 167 quilómetros, dun total de 211, da bisbarra.   
  Destes, moitos teñen que ver coa orografía (o Alto da Lama, a Corga do Carpinteiro); coa fauna (A Fraga do Lobo ou o Coto do Moucho); así como coa flora e a horticultura (a Centieira, Maceira Brava) Está previsto que os traballos rematen no mes de maio.   
Web do Parque 
Por outra banda, esta semana presentouse a nova web do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés (www.parquenaturaldoxures.com), onde se pode atopar dende información xeral do espazo protexido até realizar descargas multimedia sobre diferentes actividades.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto