 
 
Corea do Sur, Xapón e Estados Unidos condenaron especialmente o lanzamento do "satélite". O presidente dos EUA insta os coreanos a evitar máis "accións de provocación".
Apenas un día despois de que o goberno norcoreano afirmara oficialmente que finalizaba os preparativos do lanzamento dun "satélite experimental de comunicacións", a administración do país confirma o éxito da operación. Desde Seúl, a capital da veciña Corea do Sur, consideran que o proxectil é en realidade un "mísil de longo alcance" e advertiron que responderan "con firmeza" á provocación.   
  
  Desde o Departamento de Estado do goberno de Barack Obama confirmaban tamén nas últimas horas a detección do foguete, malia que non se achegan datos polo momento sobre a valoración do tipo de proxectil. "Estados Unidos dará os pasos apropiados para que Corea do Norte saiba que non pode ameazar a seguridade doutros países con impunidade", expuxo en conferencia de prensa un voceiro da Casa Branca. Nunha declaración escrita, o presidente dos EUA afirma que con esta acción Corea do Norte esquece as advertencias recibidas e afonda no seu "illamento da comunidade internacional".   
  
  Recomendámoslles ampliar en: 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto