 
Xustifica a decisión na existencia dun "acordo" entre os comités executivos locais de PSOE e PP.
Non hai transfuguismo, senón pacto formal. Así o confirmaba este luns o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, ao respecto do acontecido no Concello de Abegondo. Núñez Feijoo retrucaba ao fío da moción de censura na que populares e socialistas se unen para modificar o goberno local de Abegondo en que a decisión "procede" porque existe un "acordo" entre os dous comités executivos locais de PSOE e PP.   
  
  Na opinión de Feijoo, habendo acordo entre os dous partidos si está xustificada a moción e "procede calquera tipo de actuación". Ao respecto, xustificou Feijoo que os comités executivos locais do PP e PSOE chegaron a este acordo debido á "dificultade de gobernabilidade" do alcalde desta localidade "por non ter a maioría" e engadiu que en Abegondo o PP quedou a un concelleiro da maioría absoluta".
 	 	 Sobre o mesmo asunto non se pronunciou aínda a dirección en funcións do PSdeG. Este luns, e preguntada ao respecto, a responsábel de Organización da xestora socialista, Mar Barcón, explicou que a xestora ten prevista unha reunión o próximo mércores 15 de abril coa executiva comarcal e coa agrupación local para tratar o tema.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto