 
 
A Real Academia Galega das Ciencias escolleuno en recoñecemento ao seu traballo no campo da xeoquímica e como experto xeólogo de referencia.
 
											Parga Pondal fundou o Instituto Mineralóxico de Laxe
Isidro Parga Pondal (1900-1986) foi o escollido para a edición deste ano do Día do Científico, que se celebrará o vindeiro 23 de abril. A Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) recoñécelle así o seu traballo no campo da xeoquímica e o seu papel na xeoloxía galega. Ademais de fundar o Instituto Mineralóxico de Laxe, foi o autor do primeiro mapa xeolóxico galego e formou a moitos profesionais neste ámbito.
O presidente da RAGC, Ernesto Viéitez, deu a noticia acompañado do intelectual Isaac Díaz Pardo e do neto de Parga Pondal, Isidro Parga Menéndez. Os tres lembraron o carácter pioneiro do homenaxeado deste ano e a importancia do seu legado.
Máis información sobre Parga Pondal en culturagalega.org.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto