 
 
O voceiro dos populares destacou a "aposta polo diálogo" que dixo ver na intervención de Feijoo.
"Non esqueceu ninguén", subliñou Manuel Ruíz Rivas, voceiro do grupo parlamentario do PpdeG, á saída do salón de plenos este martes despois do discurso inicial de investidura de Alberto Núñez Feijoo. 
  
  Salientou Ruíz Rivas a idea de "non reincidir nos erros e adaptar os acertos dos gobernos anteriores" que extraeu da intervención de Feijoo, resumindo a súa reflexión na idea de que se trata dun "discurso para a esperanza". "Foi un discurso realista", subliñou, afirmando que se trasladou a idea de que o vindeiro presidente "cre en Galiza e nos galegos, nas súas potencialidades" e asegurando que se resumiron as bases dunha "acción política eficaz" para sacar o país da crise.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto