 
O actual goberno da Deputación de Lugo acúsao de modificar os estatutos "ilegalmente" e en plena transición de poderes.
A Deputación de Lugo comunicou este martes a decisión do Padroado da Fundación do Centro Cinexético e Piscícola de Galicia de cesar os vogais do padroado desta institución Francisco Cacharro, José Carlos Andina, Javier Castroviejo Bolívar, Carlos Otero Muerza e o Secretario naquel momento, Faustino Martínez, elevados ao cargo logo das municipais de 2007 e xa co goberno en funcións. O propio presidente actual da Deputación, Xosé Ramón Gómez Besteiro, asume agora a dirección da Fundación.   
  
  Besteiro apuntou que o informe realizado sobre a actividade desta entidade creada no seu día por Cacharro atopa que os estatutos polos cales se rexía "eran ilegais", sendo modificados durante a transición de poderes na Deputación. A presunta ilegalidade permitía dispoñer de "patróns vitalicios" caso do propio Francisco Cacharro.   
  
  Auditoría en proceso 
  Na xornada do luns a Deputación avanzara xa a intención de realizar unha auditoría económica polo miúdo da situación financeira desta Fundación. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, explicou a intención do equipo de goberno de investigar o xeito en que esta entidade se mantén con recursos públicos, da propia Deputación e da Consellaría de Medio Ambiente, logo das "tres alarmas" advertidas, entre elas un embargo promovido pola Axencia Tributaria, a deforestación do terreo xestionado pola entidade e o propio abandono da Fundación.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto