 
 
As crianzas falan sobre discriminación, violencia, malos tratos nas escolas e do que senten ao viviren, á forza, fóra do seu país.
Un proxecto da organización humanitaria Save the Children permitiulle a un grupo de nenos e nenas iraquís refuxiados no Líbano expresar as súas opinións sobre diversos temas a través dunha serie de curtas de animación realizadas na súa maior parte por eles mesmos. 
  As crianzas falan sobre cuestións como a discriminación, a violencia, os malos tratos nas escolas e do que senten sendo refuxiados noutro país. "As obras representan un claro exemplo de como un proxecto pode ser á vez educativo e animar á participación; demóstrase que involucrando os nenos neste tipo de proxectos se poden xerar mensaxes de presión con moito poder", sinalan dende a ONG.   
  O taller de creación fai parte do Proxecto de Apoio Educativo aos Nenos Refuxiados Iraquís no Líbano, dirixido por Save the Children Suecia e financiado pola Axencia de Cooperación Internacional deste mesmo país. Como protexérmosnos fronte á discriminación, Queremos regresar ao Iraq ou Paremos a violencia contra os nenos son algúns dos títulos das producións.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto