 
 
O ex-presidente da Xunta considerou a sucesión un acto de normalidade democrática.
 
											Touriño desexoulle sorte a Feijoo "na defensa dos intereses do país"
A figura do xa ex-presidente da Xunta era unha das máis buscadas este sábado no Parlamento. Nun acto que o propio Emilio Pérez Touriño cualificou de “propio da normalidade democrática”, escenificouse o cambio de mans do goberno galego. Touriño desexoulle a Feijoo “éxito na gobernación de Galiza e na defensa dos intereses do país”.
Ademais, definiu esta xornada como “un día grande”, no que se manifesta “a alternancia que amosa a madurez do noso pobo, así como a capacidade de autorregulación das nosas institucións”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto