 
As mozas galegas impuxéronse con autoridade nun campionato que xa acadaran o ano anterior.
 
											O fútbol sala segue dando ledicias aos afeccionados ao deporte no país
O equipo galego de fútbol sala feminino da categoría infantil acadou a pasada fin de semana o campionato estatal despois de impoñerse na final ao equipo de Murcia por 3-2. As rapazas galegas coroáronse así como vencedoras do torneo que acolleu entre os días 13 e 19 deste mes a cidade levantina de Castellón.
Era previsíbel que as mozas galegas obtiveran un bo resultado, xa que chegaban como actuais campioas. Aínda así, sorprendeu a autoridade coa que dominaron o torneo, gañando os seis partidos que xogaron. Así, na fase de grupos impuxéronse a Aragón (5-2), Navarra (6-5) e Murcia (4-3) acadando a clasificación para as eliminatorias como primeiras.
Na rolda decisiva foron eliminando do seu camiño a Madrid (4-2), Navarra (6-0) e novamente Murcia (3-2) para rematar traendo até Galiza o título.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto