 
 
Foron en total 23.512 autorizacións para vivendas de nova planta en 2008, un 28,5% por baixo do anterior exercicio.
 
											O Instituto Galego de Estatística (IGE) sacou á luz esta quinta feira as cifras da Estatística de construción de edificios. Polo miúdo, os números indican que ao longo de 2008 concedéronse 6.293 licenzas para novas edificacións, un 26,2% menos ca en 2007. Estes permisos implican a construción posíbel de até 23.512 vivendas, un 48,5% menos que o ano anterior.   
  
  Así por exemplo, se xaneiro do ano pasado comezara con permisos municipais para a edificación de até 858 vivendas familiares, en decembro tan só se outorgaron 352. Doutra banda, a estatística inclúe tamén datos sobre os permisos para rehabilitación de edificios, un 10,4% máis en 2008, cun total de 1.852. Tamén as de demolición, un 34% menos, 556 edificios en total a derrubar.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto