 
O executivo europeo considera que os estados membros fracasaron na coordinación dun plan contra o cibercrime e pide cambiar a estratexia.
 
											Viviane Reding, comisaria europea para a Sociedade da Información e Medios de Comunicación
Un "Mister Cyber Security", en palabras da propia comisaria europea para a Sociedade da Información, Viviane Reding, algo así como un ciber-sheriff encargado de coordinar os esforzos dispersos que en materia de seguridade nas redes informáticas realizadas os diferentes estados membros da Unión Europea.   
  
  Na opinión de Reding, a UE necesita unha figura "con autoridade" e capacidade para "actuar inmediatamente se está en marcha un ciberataque". "Vou loitar para que isto se estabeleza tan axiña como sexa posíbel", explicou Reding. Segundo advertiu a eurocomisaria, o risco potencial do impacto de ataques a infraestruturas de redes é grave. Apunta Reding que a axencia europea de seguridade, Enisa, limítase agora mesmo a facilitar intercambio de información pero non é instrumento de defensa contra os ciberataques.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto