 
Convócase unha concentración en prol da lingua o Día das Letras Galegas nas Rambles de Barcelona, á mesma hora da manifestación en Compostela.
 
											A convocatoria, iniciativa de cidadáns galegos residentes en Barcelona, vén circulando pola rede dende hai semanas, en galego e en catalán. Conta coa adhesión de moitas entidades con sé nos Països Catalans e ten unha web de seu e un manifesto.
A concentración será diante do Centro Galego de Barcelona, que colocou na súa fachada unha pancarta convidando á participación.
Domingo, 17 de maio de 2009, 12 h.
Concentración en Barcelona en defensa da lingua galega: Defensem la llengua gallega.
Rambla Caputxins 37-39, diante do Centro Galego de Barcelona.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto