 
Alén da feira de goles no campo, destacou a xolda e boa sintonía nas bancadas das dúas afeccións. Por outro lado, chamaron a atención os apupos para El-Rei.
 
											Os xogadores do Barça celebrando a vitoria na Copa
A irmandade expresada nas bancadas polos seareiros do FC Barcelona e o Athletic Club de Bilbao, axudou este mércores a darlle cor ao campo valenciano de Mestalla, onde se xogou a final de Copa. Camisetas ou bufandas dos dous equipos mesturáronse en moitas partes do estadio e, da boa sintonía entre as afeccións, deron exemplo os aplausos comúns a xogadores e seareiros rivais.   
  
  Mentres, no campo viuse unha feira de goles, que iniciaron os vascos ao pouco de comezada a primeira parte, cando Toquero furou a porta blaugrana meténdolle a cabeza ao balón. De aí para adiante, o Barça botouse arriba até os catro goles e despregou o xogo vizoso que o pon á porta do que sería un histórico triplete de títulos. Por outra banda, chamou tamén a atención o forte trono de asubíos practicado polas dúas afeccións cando entrou El-Rei Juan Carlos de Borbón e ao soar o himno español, anaco que ademais a TVE non transmitiu nun primeiro instante, ofrecendo despois en diferido ese momento.   
  
  Recomendámoslles o seguimento especial da final en Vilaweb
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto