 
Un ano máis a o Festival Barcelona Poesía conta cunha boa representación galega.
E cadrando coa Semana de Poesía de Barcelona, na que participan en diversos actos as poetas galegas Yolanda Castaño, Ania González, Chus Pato e María Lado; Furafollas Teatro organiza recitais de Ramón Pereira e una Performance poético-erótica con textos de Eva Méndez. 
  
  
  Axenda poética galega en Barcelona 
  
  Xoves, 21 de maio, de 12 a 23 h 
  Recitais improvisados de Ramón Pereira (Organizado por Furafollas coa colaboración do grupo musical Laboratori Teatral Patates amb Suc) 
  
  La Xina A.R.T. 
  Doctor Dou, 4 
  
  -- 
Sábado, 23 de maio, 18.30 h 
  
  Versos a través del temps (III). Yo, coloreada 
  Diálogo poético coa cultura inca e a pintura, con textos de Ania González. 
  
  Museu Barbier-Mueller d’Art Precolombí 
  Montcada, 14 
  
  -- 
Domingo, 24 de maio, 19 h 
  Perfomance Poético-Erótica (1ª Parte) 
  Con textos da poeta Eva Méndez doRoxo e a actuación de Ana Escourido e Alba Rubio, de Furafollas. 
  
  La Xina ART 
  Doctor Dou, 4 
  
  -- 
Domingo, 24 de maio, 20 h 
  
  La poesia és un espectacle 
  Mostra de tres autores de orixes e estilos diferentes pero que coinciden no interese pola poesía: Salvador Bolufer, Yolanda Castaño e Gonzalo Escarpa. 
  
  Museu Frederic Marès 
  Plaça de Sant Iu, 5-6 
  
  -- 
Luns, 25 de maio, 19 h 
  
  Microscòpics fils daurats / en els xips de silici 
  O Centre Dona i Literatura da UB presenta Escriure poesia en l’època digital, coas poetas Leire Bilbao (éuscaro), Vinyet Panyella (catalán), Chus Pato (galego) e Myriam Reyes (castelán). 
  
  Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison. 
  Sant Pere més Baix, 7 
  
  -- 
Martes, 26 de maio, 20.30 h 
  
  Perfomance Poético-Erótica (2ª Parte) 
  Con textos da poeta Eva Méndez doRoxo e a actuación de Ana Escourido e Alba Rubio, de Furafollas. 
  
  La Xina ART 
  Doctor Dou, 4 
  
-- 
Martes, 26 de maio, 22 h 
  
  Poètiques de l’absurd 
  Recital audiovisual con poetas e músicos: Adolf Alcañiz (artista, Cataluña), Michael Augustin (poeta, Alemaña), María Lado (poeta e videoartista, Galiza), Mig Seoane (músico e videoartista, Galiza), Eugenio Tisselli (poeta e artista informático, México), Ester Xargay (poeta e videoartista, Cataluña) e Vicenç Viaplana (artista, Catalunya). 
  
  Palau de la Virreina. 
  La Rambla, 99
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto