 
 
A ONU urxe a poñer cartos para resolver un éxodo que está causado "un incríbel sufrimento" á poboación.
Achegase xa a dous millóns o número de persoas fuxidas dos seus fogares debido aos combates na zona do Swat, onde o exército de Paquistán mantén desde o mes pasado unha ampla operación militar anunciada para enfrontar o avance dos talibáns. Na actualidade varios milleiros de persoas permanecen en situación precaria en campos ao sur desa área. 
  
  A ONU fixo este venres un chamamento á comunidade internacional á vez que advirte da gravidade da situación. Segundo o estudo a pé de campo das Nacións Unidas, de xeito urxente é necesario o apoio para até 165 proxectos que as axencias da propia ONU e diversos grupos de axuda humanitaria manteñen e proxectan despregar para axudarlle á poboación. "A magnitude dos desprazamentos é extraordinaria en canto a tamaño e velocidade, e está causando un sufrimento incríbel", denuncia nun comunicado Martin Mogwanja, coordinador da misión humanitaria da ONU en Paquistán, subliñando a necesidade dun apoio "xeneroso" da comunidade internacional en favor da cidadanía afectada.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto