 
O PPdeG envía unha nota gabándose de que o presidente do partido suma 4 milleiros de amigos no Facebook.
 
											O Facebook do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ten máis de 4.000 amigos, consolidándose como o político galego con máis presenza nas redes sociais, segundo o PPdeG. 
  Segundo os 'populares', Feijoo foi pioneiro en facer uso das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para estender o seu ideario político á marxe das canles tradicionais. "Desde que preside o PPdeG, sempre lle deu pulso á introdución do partido no universo en liña", informan. 
  Ademais, Feijóo conta cunha conta no Tuenti, onde supera os 1.500 amigos, e en Flickr. Todos estes espazos son actualizados a diario. O PPdeG ten ademais unha conta en Youtube, onde colga vídeos dos actos que leva a cabo, así como entrevistas ou extractos de roldas de prensa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto