 
 
O deputado Xosé Manuel Lage láiase da elección do PP para os medios públicos e critica que non se buscase o prometido consenso.
O voceiro da área Institucional do Grupo Parlamentario do PSdeG, Xosé Manuel Lage Tuñas, afirmou este luns que os nomeamentos das novas directoras da Televisión de Galicia e a Radio Galega supoñen "unha volta á época da manipulación, censura, descrédito e precariedade laboral dos traballadores do ente público". 
  Desta forma, recordou que ambas as dúas, Rosa Martínez e Rosa Vilas, foron nesa época a subdirectora de informativos da televisión e a subdirectora da Radio Galega, respectivamente. Así mesmo, afirmou que con este nomeamento se demostra que Alfonso Sánchez Izquierdo --director xeral da CRTVG-- está "ao servizo do PP" e prima "a fidelidade a un partido". Ao tempo, recordou Lage que "o momento de menor credibilidade dos informativos públicos foi precisamente durante a traxedia do Prestige".   
  Para o responsábel socialista, constátase "unha vez máis que Feijoo e o PP tiñan unha folla de ruta marcada, onde non cabía o consenso con outros grupos parlamentarios para nomear a dirección da CRTVG nin pretendían un amplo acordo".
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto