 
 
A aviación militar brasileira atopou partes de asentos e fuselaxe esparexidos nun área de cinco quilómetros, máis perto da costa do previsto.
A unha distancia aproximada de 650 quilómetros da illa Fernando de Noronha apareceron as primeiras pegadas do accidente do Airbus de Air France acontecido na madrugada do pasado luns. O avión viaxaba entre Rio de Janeiro e París e levaba 228 persoas. Anacos de asentos, manchas de fuel, salvavidas, partes do fuselaxe... son as primeiras evidencias do suceso.   
  
  O ministro de Defensa do Brasil, Nelson Jobim, confirmou que na zona hai tres navíos mercantes e diversos buques da armada brasileira, e que os militares chegarán a esta área este mesmo mércores a primeira hora. Unha das prioridades é atopar a caixa negra, que emite sinal desde algún punto do fondo do océano durante un período límite de até 30 días, e que se considera indispensábel para botar luz sobre o acontecido. Tamén se agardan os datos de dous avións da aeroliña alemá Lufthansa, que cruzaron a zona no mesmo período que o avión desaparecido. Os datos sobre ventos e temperatura que poidan extraerse deses dous voos achegarán tamén luz sobre as circunstancias do accidente.   
  
  Máis información: 
  
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto