 
 
O municipio de Arenys de Munt ten pensado preguntarlles aos seus veciños que opinan sobre a independencia de Cataluña o vindeiro 13 de setembro.
 
											O alcalde de Arenys de Munt, Carles Móra i Tuxans
O Concello de Arenys de Munt é o primeiro que ha convocar oficialmente unha consulta popular sobre a independencia de Cataluña.
A consulta farase nesta vila da Comarca do Maresme o vindeiro 13 de setembro e terá unha única pregunta: "Estarías de acordo coa proclamación de Cataluña como un estado independente dentro a Unión Europea?".
O referendo a nivel local é unha iniciativa do rexedor, Carles Móra i Tuxans (de AM2000) e obtivo o apoio de todos os grupos políticos representados na corporación municipal, excepto o do PSC. Nas vindeiras semanas, o Concello redactará un regulamento sobre a campaña electoral e a votación.  Segundo publica o diario electrónico catalán Vilaweb, xa hai unha serie de municipios que están considerando a posibilidade de seguir os pasos de Arenys de Munt.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto