 
 
A Plataforma Furapresas organiza unha marcha este domingo para reivindicar a conservación dos valores naturais e culturais ameazados polas novas presas.
Visualizar a oposición da sociedade á construción de minicentrais hidroeléctricas e ao impacto que provocan no medio ambiente, fundamentalmente en espazos cualificados como Rede Natura e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais. 
Este é o obxectivo que se marca o colectivo Furapresas, que organizou unha serie de actos reivindicativos esta fin de semana en Mondoñedo.
A máis destacada destas actividades será unha marcha reivindicativa que se celebrará este domingo. Sairá ás 12.30 horas do barrio dos Muíños e rematará na Área Recreativa de A Fervenza, e discorrerá pola Praza da Catedral, o Concello, San Lázaro e o Coto da Redaeira. 
Ademais, no percorrido haberá acompañamento de música e farase lectura de diferentes manifestos alusivos á defensa dos ríos e á conservación da Fervenza como espazo de lecer. A actividade rematará cun xantar popular que se celebrará cara ao mediodía.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto