 
 
A explosión produciuse poucos minutos despois das nove da mañá. As autoridades dan por feito que o atentado é obra dun comando de ETA.
A explosión dun coche bomba na localidade biscaina de Arrigorriaga, moi próxima á cidade de Bilbao, matou un inspector da policía que vivía neste municipio. O artefacto estourou poucos minutos despois das nove.
Nun primeiro momento, a propia Ertzaintza barallou a posibilidade de que o finado fose un membro de ETA que estaba a manipular o artefacto. Porén, pouco despois das dez da mañá confirmouse que a vítima era un funcionario policial chamado Eduardo Puelles, de 49 anos de idade. O inspector morto tiña na loita contra ETA. Dende o goberno español dan por feito que esta organización está detrás da bomba.
(12.45 horas)
O atentado mortal produciu unha cadea de reaccións unánimes. En Galiza os tres partidos políticos con presenza política condenaron o asasinato e pediron a fin da violencia.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto