 
 
O Tribunal Penal Internacional desbota sumar este crime aos "de guerra" e "contra a humanidade" que xa pesan sobre Omar Al Bashir.
 
											Omar Al Bashir
A fiscalía do Tribunal Penal Internacional (TPI) anunciou que recorrerán a decisión dos xuíces da corte de non imputar o presidente de Sudán, Omar Al Bashir, polo "xenocidio" na rexión de Darfur.   
  Sobre Omar Al Bashir pesa unha orde de arresto dende o pasado mes de marzo, acusado de "crimes de guerra" e "contra a humanidade" por orquestrar unha campaña de asasinatos e torturas nesta rexión. 
  
No entanto, o TPI considera que no caso do delito de xenocidio as probas son "insuficientes". Os fiscais consideran que a decisión é "inapropiada nesta fase do procedemento", e que o tribunal só necesitaba probar que hai "fundamentos razoábeis para crer" que Al Bashir foi responsábel do xenocidio. 
  
Mark Ellis, voceiro da International Bar Association (asociación de asesoramento xurídico internacional), sinalou á canle internacional Al Jazeera que imputar unha única persoa por xenocidio é "un proceso legal complexo". "Require que a acusación probe que o individuo tivo unha intención específica de destruír un grupo étnico", dixo. 
  
A Unión Africana racha co TPI 
Os líderes da Unión Africana aprobaron unha moción o venres pasado que non colaborarían máis co TPI e que polo tanto non arrestarían e extraditarían o presidente sudanés.  
  
O organismo panafricano quere que se aprace a acusación de Al Bashir porque, ao seu xuízo, compromete os esforzos para lograr a paz en Darfur.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto