 
 
Caixanova e Caixa Galicia mercarían por 400 millóns o 16% de Itínere, e introduciríanse no negocio das autoestradas.
Malia que aínda non hai nada confirmado, os foros económicos dan xa por feito un preacordo entre as caixas de aforros galegas e o grupo construtor español Sacyr Vallehermoso para entrar no capital de Itínere, a actual propietaria da Autoestrada do Atlántico, a AP-9. O certo até o de agora é a confirmación de que existen conversas avanzadas para levar a bo porto esta operación, na que as entidades galegas investirían as importantes plusvalías acadadas logo da venda das súas participacións en Fenosa e Gas Natural.
Os termos deste preacordo que trascenderon apuntan a que tanto Caixa Galicia como Caixanova pagarían un total de 400 millóns de euros (200 cada unha) para pasar a controlar o 16% das accións de Itínere, que se repartirían tamén a medias (actualmente Sacyr contrala un 27,4%). Con todo, aínda non está definido o xeito en que entrarían na concesionaria, actualmente controlada ao 62% por Citigroup, nin o capital que tomarían nin o volume de inversión prevista.
 
						 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto