 
Música e gastronomías do país en Saxamonde, na II Festa do Viño da Casa.
Da parte de Redondela e contornos chegan este sábado e domingo a Saxamonde produtores caseiros de viño a ofertaren os seus caldos. A acompañar: carne ao caldeiro, polbo e empanada "a prezos populares". O asunto gastronómico chega convocado pola Asociación Cultural Chan das Pipas, co obxectivo de poñer en valor a elaboración de viño artesán e máis promover os espazos de lecer locais.   
  
  Velaí o programa:  
  
  PROGRAMA DA II FESTA DO VIÑO DA CASA 
Sábado 18 de xullo: 
18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada)
Inauguración da exposición fotográfica: 
"Xente, momentos e lugares de Saxamonde" 
20:00 Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa. 
21:00 Pasarrúas a cargo do grupo “Os de sempre” de Lavadores 
22:00 Concerto de Música 
Pandereteiras de Saxamonde “Arela” 
Pandereteiras “As Tarambainas” de Lavadores 
Regueifeiros de Galicia (improvisación en verso) 
  
OS CARUNCHOS
Domingo 19 dexullo: 
11:30 Reapertura de Casetas 
13:00 Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela. 
14:00 Xantar Popular 
17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores) 
19:30 Monicreques a cargo de TANXARINA   
  
  Máis na bitácora Malmequer
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto