 
 
Din que as directrices da Dirección Xeral de Educación son un retroceso na organización académica dos centros, e acusan a consellaría de mentir sobre a situación.
As persoas responsábeis das Escolas Oficiais de Idiomas de Galiza emitiron un comunicado para reaccionar contra a circular 5/2009 enviada pola Consellaría de Educación, que consideran que supón un retroceso na calidade do ensino dos idiomas porque bota por terra a organización académica dos centros e a coordinación entre as EOI. 
  Segundo o manifesto, a circular terá como consecuencias a redución do alumnado nas franxas horarias de máis demanda, suprimir postos de traballo, a deterioración da diversificación da oferta educativa, a supresión das clases complementarias, a coordinación do profesorado que imparte os mesmos grupos e ampliar os horarios do persoal non docente. 
  Os directores e directoras das EOI entrevistáronse o pasado 17 de xullo do director xeral de Educación para expresarlle as consecuencias da aplicación da circular e pedirlle a retirada da mesma, pero, aseguran, "a receptividade foi nula, sen demostrar nin a máis mínima intención de achegamento ao diálogo". 
  As persoas responsábeis dos centros educativos rebateron a postura do director xeral, que afirma que o profesorado só 13,5 horas á semana, o que consideran unha falsidade. Segundo eles, a circular pretende que todo o profesorado imparta un grupo máis, co que desaparecerían as clases complementarias lectivas e pasarían a impartir 20 períodos lectivos, co que, cos seus cálculos, de cada catro profesores sobrará un, o que reducirá a oferta de grupos nas horas de máis demanda. 
  Para os autores do manifesto, a nova circular acabará con toda a diversificación curricular das EOI ao aumentar de xeito desorbitado a carga de traballo dos profesionais e supón acabar coa calidade dese ensino especializado de idiomas. 
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto