 
O equipo de fútbol vigués desprega unha nova campaña para gañar o compromiso da afección cara a nova campaña na 2ª División.
 
											"Só ti podes entendelo" é un dos lemas escollidos polo Celta de Vigo para a campaña publicitaria coa que aspira a gañar o favor dos seareiros no camiño da próxima tempada. Tal é a frase que por exemplo aparece gravada nas pulseiras celestes que o clube distribuirá. "Cremos que é o lema que reflicte o sentimento dos celtistas, o que sufrimos e vivimos sendo do Celta", explicou este luns Marian Mouriño, directora de Proxección e Márketing do equipo. 
  
  Á beira, anunciaron o chamado "Celtómetro", un reconto electrónico dos seareiros que, desde xa, deciden explicitar o seu apoio ao Celta ben renovando os seus carnés ou asinando novas altas como socios. "Con este acto queremos significar moitas cousas, a primeira, moi importante para nós, é que iniciamos unha nova etapa na que partimos de cero en todos os aspectos, no económico e no deportivo", afirmou Carlos Mouriño, presidente do clube. "Cremos que a nosa situación vai mellorar a partir deste mesmo momento", prognosticou, logo de recordaren na presentación a estabilidade económica conseguida pola sociedade deportiva despois da negociación do proceso concursal.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto