 
 
Se non marcan unha data "formal e inmediata" para comezar os traballos, o Goberno procederá a rescindir o contrato.
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, trasladou á UTE adxudicataria das obras de construción da autovía Carballo-Berdoias que teñen de prazo esta semana para marcar unha data "formal e inmediata" de inicio das obras ou a Xunta procederá a rescindir o contrato. 
   O departamento da Xunta comunicou hai "máis dun mes" a Ferrovial e Taboada e Ramos, que integran a UTE, que debían proceder ao inicio das obras tal e como recolle o contrato subscrito, de forma que renuncie á solicitude de reequilibrio concesional --a UTE alega problemas financeiros para acometer o proxecto--, ou solicitar a rescisión do contrato de mutuo acordo baseándose en que non pode facer fronte ás condicións estipuladas. 
  "Non teremos máis remedio que proceder á rescisión unilateral porque non podemos permitir que este proxecto vital para a Costa da Morte siga acumulando atrasos", alertou o conselleiro no seu ultimato a UTE, que asinou o contrato de adxudicación da obra xa hai máis dun ano e colocou a primeira pedra hai máis de seis meses. 
  Ao respecto, censurou que o bipartito "xa tiña constancia dos problemas financeiros da construtora" cando se colocou a primeira pedra. En todo caso, Hernández puntualizou que o seu obxectivo non é "causar problemas ás empresas", pero alertou de que tampouco se pode permitir "que se prexudiquen indefinidamente os intereses dos cidadáns".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto