 
A 30 edición do festival de Pardiñas, en Guitiriz, os 25 anos do Intercéltico do Morrazo, a 26ª da Carballeira de Zas, e mesmo, se lles presta viaxe grande, a homenaxe a Galiza nas terras de An Oriant.
-Festival de Pardiñas, en Guitiriz 
  Con esta serán trinta as edicións de Pardiñas, unha festa musical completamente consolidada no país que este ano chega á súa edición número 30. Aproveitamos para darlles os parabéns á xente da asociación sociocultural Xermolos, infatigábeis ano tras ano en levantar este evento convertido en referencia. Ademais, non esquezan, inclúe mostra de artesanía e mostra de instrumentos musicais tradicionais (organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos). 
  E velaí o gorentoso cartel:   
  
  O Sábado 1
MUYAYOS DE RAÏZ HOLANDA/EUSKADI 
LA BELLE IMAGE FANFARE FRANCIA 
HEDNINGARNA SUECIA 
BANDA POTEMKIN GALIZA 
O domingo 2
BLOQUINHO DA SALGUEIRA GALIZA 
LÚA DE FOUCE GALIZA 
PEPE VAAMONDE GRUPO GALIZA 
PAN DE CAPAZO nómadas   
  
  
  -En Moaña, o Intercéltico do Morrazo   
  Outra cita histórica chega en Moaña, onde o Intercéltico cumpre o vintecinco aniversario e volve ao escenario do paseo da Xunqueira. A xolda deu comezo o venres, con Gwendal e Óscar Ibáñez. Para este sábado día 1 de agosto agardamos a Milladoiro e a Mafalda Arnauth.   
  
  -Festa da Carballeira, en Zas 
  E por se lla lles puxemos difícil a escolla, recordámoslles que cumpre 26 edicións a canfurnada folque de Zas, en incomparábel marco natural. A cita será única na xornada de sábado, onde, completados os xantares, comezaran a animar o persoal os grupos de baile de Castro-Meda, Donaire e Ruote e máis a banda de gaitas Maruxía. E xa á noitiña, a maratón musical encabézaa Capercaillie e inclúe ademais a Mutenrohi, O Sonoro Maxín e Tejedor.   
  
  -Intercéltico de An Oriant (Breizh) 
  E xa lles contamos do inicio este pasado venres do inicio por terras da Bretaña do intercéltico que nesta edición volve render homenaxe a Galiza. Até o 9 de agosto poden visitar o que pasa por ser o máis importante festival celta. Ao respecto, falamos con Anxo Pintos, de Berrogüetto e Sondeseu
 
						
									 
						
									 
						
					 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto