 
Unha expedición pedestre percorre este domingo os lugares que serviron de fonte de inspiración a Wenceslao Fernández Flórez para a súa novela.
 
											Villa Florentina
A fundación que leva o nome do escritor organiza un roteiro literario por Cecebre, visitando os espazos que inspiraron O bosque animado. A expedición sae ás once da mañá desde Villa Florentina, sede da fundación. Ao longo do traxecto leranse algúns breves fragmentos da obra naqueles puntos do entorno que aparecen nela descritos. 
A xornada rematará cun xantar nos xardíns de Villa Florentina e xogos ao aire libre pola tardeVilla Florentina era a residencia de verán de Wenceslao Fernández Flórez, e hoxe é unha casa museo dedicada á súa figura. Desde 2001 é ademais sede da fundación que leva o nome do escritor. A fundación trata de dar a coñecer o escritor e a súa obra, ademais de dinamizar a área rural na que se localiza a casa.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto