 
 
Ingresada nun hospital de Málaga, a falecida sufría varias outras doenzas graves que a incluían dentro do grupo de risco.
Xa son 24 as persoas falecidas no Estado Español por mor da gripe A. A última vítima é unha muller de 77 anos, de Málaga, que xa sufría outras patoloxías. Con ela son xa cinco as mortes que se produciron en Andalucía pola mesma causa.
A muller atopábase ingresada no Hospital Rexional Carlos Haya e sufría Enfermidade Pulmorar Obstrutiva Crónica (EPOC), ademais de insuficiencia cardíaca e respiratoria, segundo publica La Opinión de Málaga. Por outra banda, a falecida padecía unha insuficiencia renal grave. Todas esas doenzas situaban a última vítima do virus H1N1 dentro dos grupos de risco fixados pola OMS.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto