 
 
Ao longo deste venres a súa filial Pharma Mar informará sobre a opinión da Axencia Europea do Medicamento acerca do anticanceríxeno Yondelis.
A Comisión do Mercado de Valores (CNMV) decidiu suspender, de forma cautelar, a cotización das accións de Zeltia "por concorrer circunstancias que puidesen perturbar o normal desenvolvemento das operacións cos citados valores".
A suspensión prodúcese horas antes de que a filial de Zeltia, Pharma Mar, ofreza unha rolda de prensa para informar sobre a opinión da Axencia Europea do Medicamento acerca do anticanceríxeno Yondelis.
Ao peche da sesión de onte, as accións de Zeltia trocábanse a 3,59 euros cada unha, logo de se revalorizaren o 4,06%.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto