 
 
A muller dun dos mariñeiros asegurou que, ademais, os piratas guindáronlle unha granada á fragata española situada nas proximidades.
 
											O atuneiro 'Alakrana'
Tres dos membros da tripulación do atuneiro Alakrana serán trasladados a Somalia para seren entregados ás familias dos dous piratas detidos no Estado Español. Así llo comunicou un dos mariñeiros retidos á súa muller, Silvia Albés, en conversa telefónica.
Segundo esa información, as catro persoas que se levarán a Somalia escolleranse "por sorteo". Albés indicou que todos os líderes do grupo se atopan no barco e que lle guindaron unha granada á fragata española que se atopa nas proximidades para advertila de que non se achegue ao Alakrana.
Ademais, segundo Silvia Albés, a ministra de Defensa, Carme Chacón, "nunca" se puxo en contacto cos familiares dos mariñeiros secuestrados. Entre tanto, o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou o ingreso en prisión do pirata Abdu Willy, detido por participar no secuestro do atuneiro, unha vez se confirmou a súa maioría de idade.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto