 
 
Terá que cumprir un ano e medio de cadea, a parte da condena pendente logo da súa excarceración en novembro do ano pasado.
 
											Ugio Caamanho, no último xuízo
O independentista Ugio Caamanho foi detido esta fin de semana na Coruña polas Forzas de Seguridade do Estado. Segundo lle confirmaron a Vieiros fontes de Ceivar, Caamanho estivo recluído este sábado en dependencias policiais á espera dun destino no que terá que cumprir a parte da condena pendente logo da súa excarceración en novembro de 2008.
Deberá cumprir agora un ano e seis meses de cadea, logo de que xa non sexa posíbel ningún recurso contra a sentenza do Supremo, que é firme. O independentista saíra en liberdade hai un ano logo de pasar tres anos e tres meses en prisión preventiva, máis da metade da súa condena por colocar unha bomba nun caixeiro automático en Compostela en 2005.
Dende o momento da detención, o colectivo anti-represivo Ceivar mobilizouse para articular unha resposta. Este sábado uns 15 simpatizantes concentráronse perante os xulgados da Courña para amosar a súa solidariedade con Caamanho. A maiores, manifestan a súa preocupación sobre a posibilidade de que o detido sexa trasladado a unha prisión española situada fóra do territorio de Galiza.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto