 
A deputada nacionalista Isabel Sánchez Montenegro recordou que o prazo para resolver a convocatoria "rematou hai catro meses".
 
											A formación salientou "o inxente traballo" destas asociacións
A deputada do Grupo Parlamentario do BNG Isabel Sánchez Montenegro denunciou este sábado o atraso na concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro para a súa participación en materia ambiental, xa que segundo lamentou, o prazo para resolver a convocatoria "rematou hai catro meses". 
  Sánchez Montenegro rexistrou unha iniciativa parlamentaria onde remarcou que a publicación da orde que regulamenta as axudas foi publicada "hai xa nove meses", en marzo de 2009. Con esta medida buscábase potenciar unha actividade "estábel e participativa" das entidades ambientais. 
  
A deputada nacionalista subliñou os "graves prexuízos" que se están a causar ás entidades solicitantes, das que destacou "o inxente traballo" que ao seu xuízo realizan en materia de educación ambiental e sensibilizacion. 
  
O BNG sinalou que a convocatoria estabelece que todas as entidades sen ánimo de lucro inscritas no rexistro administrativo creado polo decreto 226/2007 podían acollerse a axudas para gastos de funcionamento ordinario, actividades e desenvolvemento. Para iso, marcábase un prazo de cinco meses desde a publicación da convocatoria para a súa resolución.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto