 
 
O colectivo anima a escribirlle a Nguyen Van Ly (Vietnam), Anwar Al-Bunni (Siria) e Ronak Safazadeh (Irán), presos por exercer pacificamente o seu dereito a pensar.
"As túas palabras poden axudar moito". Sublíñao Amnistía Internacional aproveitando estes días de Nadal. Un tempo que, recordan, "non se distingue doutros para os presos e presas de conciencia, pero pode chegar a ser particularmente triste".   
  
  Por este motivo, e para inxectarlles ánimos, chaman a agasallalos con "palabras de solidariedade. "Ao recibiren estes mensaxes, se cadra nun idioma que non comprendan, saberán que a inxustiza que os apreixa é coñecida, e iso daralles un enorme apoio moral". Do mesmo xeito, as mensaxes serven para que as autoridades responsábeis saiban que "as vítimas están sendo apoiadas por moita xente en todo o mundo".    
  De xeito concreto, a iniciativa convida este Nadal a escribirlle a: o Padre Nguyen Van Ly (Vietnam), crego católico cofundador do movemento pro democracia Bloc 8406 e fundador dun partido político opositor; ao avogado sirio Anwar Al-Bunni, especializado na defensa de presos de conciencia e condenado a cinco anos de cárcere acusado de "difundir información falsa que prexudica o Estado", na práctica por criticar os malos tratos que causaron a morte dunha persoa baixo custodia da policía; e á activista curda iraniana Ronak Safazadeh, condenada en 2008 pasado a seis anos de prisión logo de ser acusada de "inimizade con Deus".   
  
  Regálalles palabras.
 
						 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto