 
De cada 100W de electricidade consumidos nos fogares portugueses, 15 foron xerados polo vento. Só Dinamarca ofrece mellores cifras.
 
											As enerxías limpas forneceron o 35,9% de todo o consumo de enerxía eléctrica en Portugal durante o ano 2009, segundo as cifras achegadas polo organismo Redes Energéticas Nacionais (REN). Con eses números, aparece próximo o obxectivo fixado polo executivo portugués liderado polo primeiro ministro José Sócrates, quen ten subliñado a intención de que ao remate de 2010 o 45% do consumo eléctrico do país sexa abastecido por enerxías renovábeis.    
  
  A REN salienta tamén neste inicio do ano o balance que nos últimos doce meses levou a Portugal a converterse no segundo país do mundo en canto a aproveitamento eólico. O feito de que de cada 100W de electricidade consumidos nos fogares portugueses, 15 foran xerados polo vento, coloca así  a Portugal por riba do Estado español e só atrás de Dinamarca. De cada 24 horas de consumo enerxético, un promedio de 3 horas e 36 minutos foron garantidos polos muíños de vento, un incremento do 31% respecto das cifras de 2008.   
  
  Recomendámoslles ampliar na información do diario Público.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto