 
 
A agrupación Alternativa Universitaria elixiu por unanimidade ao ex director xeral da Consellaría de Industria.
 
											Salustiano Mato
Salustiano Mato, catedrático de Zooloxía na Universidade Vigo, é dende este luns o candidato oficial de Alternativa Universitaria ao reitorado. Os membros desta asociación celebraron unha asemblea elixiron por votación unánime a Mato logo dun proceso no que en principio tamén se candidataron os vicerreitores Carme García Mateo, Xosé Cidrás e a catedrática de Análise Matemático Margarida Estévez.
Mato ten previsto presentar publicamente a súa candidatura este martes. O candidato ocupou a dirección xeral de I+D+i (dependente da Consellaría de Industria) durante o goberno bipartito da Xunta. Polo de agora o seu único rival na loita polo reitorado é Jaime Cabeza, catedrático de Dereito do Traballo.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto