 
 
'Al Jazeera' divulga unha gravación que a canle e os medios internacionais atribúen o líder de Al Qaeda.
O desaparecido líder de Al Qaeda Osama Ben Laden volveu 'reaparecer' para reivindicar a responsabilidade de organizar o atentado frustrado contra o voo 253 de Northwest Delta Airlines do pasado 25 de Nadal. 
  
A canle Al Jazeera divulgou este domingo unha cinta de audio, supostamente coa súa voz, na que se cualifica de "heroe" o único inculpado pola tentativa de atentado, o estudante nixeriano Umar Farouk Abdulmutallab. 
  "A mensaxe que se vos enviou co intento realizado polo heroe nixeriano Umar Farouk Abdulmutallab confirma a nosa mensaxe previa transmitido polos heroes do 11 de setembro", declara o suposto Ben Laden, tal e como identifica a propia canle e os medios internacionais. 
  Na gravación xustifícase o ataque pola incapacidade da comunidade internacional para escoitar as súas peticións. "De ser posíbel transmitirvos estas mensaxes a través das palabras, non os transmitiriamos a través de avións", escoitase. 
  
Apoio aos palestinos
Ademais, na mensaxe, a persoa que fala expresa o seu total apoio aos "irmáns" da Faixa de Gaza: "América (EUA) nunca poderá soñar con vivir en paz a menos que esta paz se viva en Palestina. É inxusto que gocedes dunha vida segura mentres os nosos irmáns de Gaza sofren tanto".
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto